Ruta de acceso á sección
Inicio
O mercadiño dos mércores reorganizase
O próximo mes de xaneiro os postos do mercadiño do mércores de Salceda de Caselas serán reorganizados segundo as instruccións do Concelleiro de Réxime Interior, Martín Iglesias. O obxectivo é optimizar o espacio da recentemente ampliada Praza do Concello trasladando dende a Rúa Pontevedra ós comerciantes que nela se situaban cada mércores.
Recollida de augas nas fontes para a súa analise
Programación do C. Cultural e Social de Soutelo 2010
17/01 EXHIBICIÓN ESCOLA DE BAILE “AL COMPÁS”, BAILES DE SALÓN E LATINOS. HORA :18:00
24/01 * ESTRENO TEATRO INFANTIL DO C.CULTURAL DE SOUTELO
HORA : 17:00, A CONTINUACIÓN
* ESTRENO TEATRO OS BARALLÁNS
TÍTULO DA OBRA : “COMPOSTA E SEN NOIVO”
30/01 SAÍDA DO GRUPO DE TEATRO
“OS BARALLÁNS”DO C.C. DE SOUTELO A C.C. XINZO - PONTEAREAS HORA: 20:00
31/01 ESTRENO DO NOVO S PLAYBASCKS DO GRUPO“ O BORRALLIÑO” HORA: 17:30
FEBREIRO
07/02 TEATRO INFANTIL “A FORNA” + GRUPO DE PLAYBACKS HORA: 17:00
Teatro 2010
Resumo memoria anual OMIX (2009)
Entrega de un cheque a Aldeas Infantiles
No Concello de Salceda de Caselas ven de celebrarse o acto de entrega a Aldeas Infantiles SOS do cheque coa recaudación dun festival benéfico. Dito festival celebrárase o pasado 17 de outubro no Auditorio Municipal organizado polo Coro Polifónico de Entenza, e supuxo a recaudación de 1.100 €. No acto estiveron presentes Mónica Vizcaya, tenente de alcalde de Salceda, Juan Manuel Martínez e Javier Alonso, presidente e director do coro respectivamente e Víctor Muñoz, director territorial de Aldeas Infantiles, ademáis de outros representantes tanto do coro como do Concello e da propia Aldeas Infantiles.
Os Bolechas chegan a Salceda de Caselas
Os coñecidos “Os Bolechas”, de grande éxito entre os máis cativos chegan por fin a Salceda de Caselas. Mañá venres será presentado o libro que leva por título “Os Bolechas van de viaxe. Vacacións no Pazo de Pegullal”, e que achega a estes divertidos personaxes ao Concello de Salceda de Caselas. O acto de presentación será ás 10 da mañá no C.E.P. Altamira, e contará co guionista e debuxante Pepe Carreiro, que agasallará aos rapaces con debuxos personalizados que lles fará no mesmo momento da presentación.
Resumen dos contidos
Mapa Web


Subseccións
O Concello
Login
Buscador
IMAXES


Arquivos adxuntos:


